Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de maio de 2020

As Letras Galegas

O día 17 de maio sempre é moi especial para @s galeg@s xa que festexamos o día das nosas letras.
Este ano, por mor do coronavirus non podemos estar no cole e tampouco poderemos coñecer moito sobre Ricardo Carvalho Calero. Pero non vos preocupedes, porque a Real Academia Galega decidiu pospor este día para o mes de outubro, así que... 
Xa temos festa asegurada para o curso que vén!
De momento, para ir descubrindo algunha cousiña sobre este escritor tedes este xogo.
https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

mércores, 26 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Este Entroido foi moi especial. 
Pasámolo en grande c@s mequiñ@s, fixemos comadres coa clase de 1º, 
degustamos sobremesas exquisitas, disfrazámonos, 
paseamos pola vila acompañad@s de gaiteir@s e... 
para finalizar queimamos @s mec@s!!!

martes, 26 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro é un día máis no que ensinar e lembrar @s nen@s a importacia das nosas accións, do que dicimos e tamén de como afectan @s demais. Cada día debemos ser conscientes de que vivimos con persoas que sinten igual ca nós, que son felices e tamén que poden non selo, e que somos parte activa das vidas d@s demais. Tod@s podemos colaborar para que o mundo sexa mellor, podemos axudar @s compañeir@s, @s profes, as familias e @s nos@s veciñ@s. Para falarnos disto e de moitas outras cousas, recibimos a Lorena Pinheiro e aos seus "Contos do chucurruchú" para amenizarnos esta xornada tan especial.

mércores, 29 de maio de 2019

Aniversario de Ainara

O aniversario de Ainara coincidiu coa excursión a O Grove, foi un día moi especial. 
Ao día seguinte trouxo unha riquísima tarta para festexalo na clase con tod@s @s compis.
Tivemos bailes, xogos, debuxos... Pasámolo en grande!

Excursión a O Grove

<iframe src="https://onedrive.live.com/embed?cid=578AE7BC30C07691&resid=578AE7BC30C07691%21207&authkey=AOFWy7XTufFhVuc" width="320" height="180" frameborder="0" scrolling="no" allowfullscreen></iframe>

martes, 23 de abril de 2019

Día do libro

http://engalego.es/curso/lim/23_de_abril_dia_del_libro1/23_de_abril_dia_del_libro.html
Como cada ano, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO. É un día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Para aprender algo sobre a historia de Cervantes e o seu famoso Don Quijote, premede nas imaxe!
 
 
 

mércores, 13 de marzo de 2019

Novas sobre mulleres

 Esta semana festexamos a semana da prensa.
Por esta vez quixemos relacionalo co día da muller buscando novas relacionadas con mulleres.
Para iso a clase de 1º ímonos centrar nestas catro novas.
Cal nos resultará máis interesante?
 
CAROLINA  MARÍN

xoves, 13 de decembro de 2018

Chega o Nadal!

Estes días están a ser do máis "navideños".
  • Entre tod@s construímos unha árbore de Nadal
 
  •  Deseñamos a nosa postal cos nosos dedos

  •  Elaboramos unha guirnalda de moitísimas cores 

xoves, 22 de novembro de 2018

Por dentro tod@s somos iguais!

Hoxe dedicámoslle un anaquiño do noso tempo a traballar a igualdade.
Na clase de primeiro non temos dúbida! Cor de pelo, de pel, distinta roupa...
Nada importa! Por dentro tod@s somos iguais e gústanos que nos traten ben 😁
STOP DIFERENCIACIÓNS